O dereito de autodeterminación e o recoñecemento nacional quedan putrefactamente desprestixiados se no seu nome se comenten crimes tan graves como a coacción, secuestro, extorsión e asasinato. Este feito por calquer demócrata repudiado e condenado, co xa famoso "cese definitivo da actividade armada" de ETA, pasa a un segundo plano permitindo centrarnos no outro sable ensartado nas aspiracións que os pobos periféricos teñen de cara a liberdade, o cal, estando moito máis mergullado, non é tan candente e doente pero pode que máis letal. Queda pois por superar o sistema político-territorial do Reino de España, principal excusa da violencia de ETA, logo valéndome da idea de Antón Losada, esta non parou porque cambiara de parecer, senón porque perdeu.
A nocividade infecciosa profundamente contraída deste sistema vense manifestando dun xeito grotesco debido a que un claro exemplo fica nun partido nacionalista, o oportunista PNV, o cal tratando de levarse os méritos dunha transición cara a "normalización" política en Euskal Herria, solicitou un adianto das eleccións autonómicas de Euscadi. Se ben esta maniobra non é máis ca un intento de realzar a figura do partido ante a que será unha portentosa derrota en tanto a un detrimento de poder e representatividade fronte a Bildu, a quen pola calada non lle fixo falta alardear dos méritos, sen dúbida numerosos, cos que contribuíu para chegar até os acontecementos que agora se proxectan.
Sen dúbida as pretensión do PNV agora quedan en evidencia, tratando de valerse dun marco político, do que en teoría se queren saír, para o exclusivo beneficio dos seus intereses, así coma as voraces e pretenciosas ansias de poder do PSE-EE PSOE coa súa negativa ante a proposta, aferrándose ó goberno en coalición co que en teoría é o partido líder da oposición, anque iso sí, español.
Así pois non resulta lóxico que a dereita nacionalista se axude desas ferramentas, pois non sigue sendo máis ca un soslaiamento das pretensións independentistas. Isto queda demostrado nos constantes fracasos das aspiracións nacionalistas mediante o marco democrático tremendamente mutilado do Reino de España. O que se pode refutar, no ámbito práctico cas descalificación, obstaculacións e incluso censura de consultas populares.
Neste senso, os aldraxes no espazo lexislativo son máis sangrantes e sanguinarios, tendo como referencia o veto de propostas no parlamento e/ou inútil senado para despois incluílas como propias en campaña electoral, por pór un exemplo no que se inclúa ó BNG (cousa difícil debido á súa tímida influencia), só hai que ver os constantes soterramentos de propostas como a dación de pago (agora no programa de Rubalcaba) ou a abolición da Lei de Partidos ou Amnistía, fundamental para o saneamento da "democracia". E como caso máis senlleiro temos as mutilacións ou aldraxes ós Estatutos de autonomía, os cales xa de por sí son unha mera lexitimación da subordinación soberana a Madrid. Así pois está o caso vasco, archicoñecido como "Plan Ibarretxe", que xa fora sentenciado antes incluso de ser presentado no parlamento, dando unha nefasta e indesexable imaxe da actitude antidemocrática dos partidos españolistas con respecto ó debate da soberanía. Así coma o catalán, que esnaquizaba a súa condición identitaria, histórica, cultural, territorial e sociopolítica ó non concederlle a condición de "nación", potestade que recae, según leis e acordos internacionais, no pobo catalán e non no estado español. E o máis enraizado dos problemas non fica na pretensión clara e petulante dos partidos españolista do sometemento das nacións periféricas, senón no marco legal construído para que así se poida manter, tendo como elemento sobranceiro a Constitución Española que, a través dunha gran mentira facilmente refutábel e refutada metódicamente por especialista dentro das ciencias sociais, no seu artigo 2 leva a cabo un quebrantamento dos numerosos postulados internacionais antes mentados como a
Carta das Nacións Unidas,
Declaración Internacional dos Dereitos Humanos, así como numerosas
resolucións da Asemblea Xeral da ONU. Agora me veñen á cabeza as palabra de Manuel Beiras descalificando de xeito esaxerado ós dirixentes do estado español chamándoos "terroristas", aínda que tampouco é tan difícil de comprender que despois de tanto tempo de democrática e convencida loita, despois de tantos menosprezos e burlas, a esas alturas un acabe desquiciado.

Asemblea Xeral da Organicación das Nacións Unidas, onde foron aprobadas diversas resolución en favor da libre autodeterminación dos pobos coma a 1514 (XV), 1541 (XV) ou a 2625 (XXV).
Dentro dunha democracia debe caber a posibilidade para que un individuo ou conxunto de individuos acaden as súas aspiracións e poidan obrar con liberdade dentro dun marco legal xusto, logo pois no actual cerco que establece o sistema político do Reino de España este dereito queda claramente oprimido, realzando a absurda idea de que a democracia se basea na imposición das maiorías, non no acordo entre individuos e pobos iguais e libres.
Con isto queda por concluír que pouco pode facerse xa con estas reglas do xogo que non veña a ser máis ca vanais e absurdas reviravoltas aldraxosas e humillantes. Centrándonos principalmente nos pobos vasco e catalán, a quen lle toca mover ficha é o Reino de España, nin máis eleccións, nin máis referéndums son necesarios, pois xa bastante abondo queda manifestada a vontade cos resultados das derradeiras eleccións municipais, na que máis dun 72% do electorado en Euscadi e oscilando entre un 70-75% en Cataluña ten representación das forzas nacionalistas. Se un sistema cómplice dun sistema dictatorial coma o de 1931 puido captar a mensaxe, só cabe agardar que un "democrático" tamén o faga polo ben de todos.

Congreso dos Deputados, cámara que de facto ostenta todo o poder do Parlamento Español e no que recae a completa soberanía Lexislativa así coma, en última estancia, a designación da Executiva, en todo o territorio do Reino de España.
Amósase pois non só a primordialidade de satisfacer as necesidades periféricas, senón que o nacionalismo aquí exposto non é un dogma nacido dun adoutrinamento paixonal marxinado agromante dunha bagaxe de costumes e tradicións, senón dunha corrente e realidade social latente e reflectida de xeito empírico mediante argumentos e manifestacións legais explicados nun marco histórico, así coma un mostreo estatístico que se enfatiza ó ser suministrado pola fonte que máis pode sesgar os resultados en contra da argumentación que o acolle.
É ben preciso sentenciar isto a espensas do futuro neoliberal, conservador e catolicista que lle agarda ó Goberno español a mans do Partido Popular. Pódense apreciar constantes aldraxes ós dereitos de sectores minoritarios da sociedade como discapacitados, homosexuais ou algunhas mulleres mediante a oposición ó matrimonio homosexual, aborto ou morte digna, debido a unha clara influencia dunha institución sectaria, dogmática, infundada e con privilexios históricos inmerecidos a pesares do seu pasado criminal como é a Igrexa Católica. Outro dos sangrantes casos que amosa un escuro amencer é a repulsión evidente pero contida ante a diversidade plurinacional ibérica, encabezada polo machetazo que supuxo á soberanía e cultura galega a xestión de Núñez Feijóo, e a perigosidade que pode supor a hostigación para que aumente a xenofobía interna e a confrontación (avivada tamén pola señora Rosa Díez) con conductas sumamente irresponsabeis como as declaracións levadas a cabo tras o anuncio de ETA ou os aldraxes e mofas ante as linguas e culturas periféricas.
Así pois non estamos nada máis que ante o comezo dunha longa vereda que aínda temos que trazar, ficando nun punto no que segundo o rumbo que se tome se chegara a unha conciliciación ou a un definitiva confrontación autodestructiva.